O Concello de Esgos sumouse á campaña Mobilízate pola selva, do Instituto Jane Goodall (IJG), que conta en Galicia coa colaboración do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) e a Obra Social de Caixa Galicia, e que consiste na recompilación de móbiles para a súa reciclaxe co fin de protexer os ecosistemas africanos.
Os veciños que queiran participar nesta iniciativa poden depositar o seu móbil en desuso (en funcionamento ou non) nos puntos de recollida habilitados polo concello, situados en:
- Biblioteca municipal (baixos do concello). Praza da Souteira s/n. 32720 – Esgos.
O teléfono deberase entregar coa batería pero sen o cargador, sen a tarxeta SIM e ningún outro elemento, entre os días 20 de abril e 20 de setembro, durante os que se desenvolve a campaña neste concello ourensán.
A reciclaxe de móbiles axuda a reducir a demanda dos seus compoñentes, entre eles o coltán, e a tratar adecuadamente os materiais tóxicos evitando así a degradación do medio ambiente.
Para máis información:
- Concello de Esgos. Teléfono: 988290000
- www.movilizateporlaselva.org
- www.ceida.org/inst-jane-goodall.html
Concello de Esgos Praza da Souteira s/n, 32720 Esgos (Ourense) Telf. 988290000 Fax: 988290006 info@concelloesgos.com
Mapa Web - Aviso legal - Política Cookies