Concello de Esgos

 GAL  | ES  | EN 
marco

Novas

[15.12.14] Actividades de Nadal

Domingo 21:

  • Actuación da coral Camerata Auriense durante e despois da misa de 12 en Esgos
  • Concerto de Nadal da banda e a escola de gaita de Esgos ás 18:00 horas no Centro Cultural Parada Justel

Venres 26:

  • Concerto “Canto Libre” (Rosa Leiro Chazo & Juan Carlos Cambas - Pianista Arxentino): ás 19:00 horas no Centro Cultural Parada Justel

Domingo 28:

Actuación do “Mago chirleta” e operación kilo ás 17:00 horas no centro cultural Parada Justel.

Aproveitaremos esta actividade de maxia infantil para facer unha operación kilo: recollida de alimentos non perecedeiros para as familias máis necesitadas do concello.


Martes 30: Pazolandia

Imprescindible anotarse no concello antes do 26 de decembro. Esta actividade é gratuita para os nenos empadronados e ten un custe de 3€ para os non empadronados



Luns 5 de xaneiro: Visita dos Reis Magos

Ás 12.00 horas no centro cultural Parada Justel, os Reis Magos entregarán os premios do XV Concurso de Postais


XV Concurso de postais

Valorarase a orixinalidade e poderase empregar todo tipo de materiais. Todos os participantes terán un agasallo.

O prazo para presentar as postais  remata o 2 de xaneiro



Financia
Gobierno de España - Ministerio de Industria, Turismo y Comercio
Xunta de Galicia - Presidencia - Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica
Unión Europea - Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Concello de Esgos Praza da Souteira s/n, 32720 Esgos (Ourense) Telf. 988290000 Fax: 988290006 info@concelloesgos.com

 Mapa Web  -   Aviso legal  -   Política Cookies