O luns 6 de xullo comezará o campamento urbano de verán. Este campamento
está dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos.
HORARIO: De luns a venres de 10:30 a 13:30 horas
PREZO: Para os nenos empadroados o campamento será gratuíto e para os non
empadroados terá un custe de 10 € en concepto de matrícula para o mes de
xullo e 10 € para o mes de agosto.
Ademais este ano, contaremos tamén cun servizo de acollida previo ó horario
de campamento para as familias traballadoras.
Máis información nos servizos sociais ou na biblioteca.
Concello de Esgos Praza da Souteira s/n, 32720 Esgos (Ourense) Telf. 988290000 Fax: 988290006 info@concelloesgos.com
Mapa Web - Aviso legal - Política Cookies