Se tés entre 6 e 12 anos poderás participar na campaña "Ponlle as pilas ao teu bocata"da Consellería do Mar.
Lugar: Piscina municipal de Esgos
Data: martes 24 de xullo
Hora: 17:00 h.
Despois de participar nos obradoiros da Consellería do Mar sobre os beneficios das conservas os nenos poderán preparar a súa propia merenda a base de conservas de pescado e marisco.
Para poder participar é necesario anotarse no concello ou na piscina antes do 19 de xullo.
www.ponlleaspilasaoteubocata.com
Concello de Esgos Praza da Souteira s/n, 32720 Esgos (Ourense) Telf. 988290000 Fax: 988290006 info@concelloesgos.com
Mapa Web - Aviso legal - Política Cookies