A Corporación Local adoptou en vista da actual evolución do COVID-19
(coronavirus), e seguindo as directrices da Xunta de Galicia, SUSPENDER
DURANTE 15 DÍAS TODAS AS ACTIVIDADES que se leven a cabo nos centros
municipias (Biblioteca, Centro Cultural, actividades lúdicas, actividades
deportivas, etc) así como recomendar a non celebración de actividades ou
reunións promovidas por asociacións, grupos informais, etc.
Tamén facemos un chamamento a seguir as recomendacións das autoridades
sanitarias e evitar na medida do posible os desprazamentos innecesarios.
Para máis información sobre o coronavirus, poden dirixirse ao teléfono
gratuíto 900 400 116 ou consultar a web https://coronavirus.sergas.gal/
Concello de Esgos Praza da Souteira s/n, 32720 Esgos (Ourense) Telf. 988290000 Fax: 988290006 info@concelloesgos.com
Mapa Web - Aviso legal - Política Cookies