Concello de Esgos

 GAL  | ES  | EN 
marco

Novas

[09.10.14] COÑECENDO COOPERATIVAS

A Oficina de Fomento Cooperativo organiza para o sábado 18 de outubro unha actividade para achegarnos casos de éxito de emprendemento en forma cooperativa. Coñeceremos CASA FELISA que presta servizos turísticos e un gran catálogo de actividades e TRASMAIO de recente creación, que presta servizos de restauración á carta e en eventos de todo tipo. Se queres asistir só tes que apuntarte no noso concello

 

A finalidade desta actividade é:

Dar a coñecer casos de éxito de   emprender en forma cooperativa, fomentando o espíritu emprendedor.

Achegarse á organización e funcionamento dunha cooperativa de traballo asociado prestadora de servizos turísticos e outra de prestación de servizos de restauración asentada na zona da Ribeira Sacra.

 

¿A quen vai dirixido?

 

-Emprendedores en xeral

-Desempregados no ámbito da Agrupación con formación ou interese no sector dos servizos turísticos.

-Interesados no cooperativismo e a economía social.

-público en xeral.

 

Programa

 

9:30h- Saída da Praza do Concello de Xunqueira de Ambía

10:30h-Saída da Praza  Maior de Luintra, Nogueira de Ramuín.

11:30h- Presentación de Casa Felisa S.Coop Galega: orixe do proxecto cooperativo e situación actual: intervención de Dª Ana Vázquez Prieto, Presidenta da Cooperativa.

12:30h-Visita ás instalacións e servizos turísticos que ofrece a cooperativa.

13:15h-Saída ó Centro Multidisciplinar  Finca A Tella, en Luintra.

14:00h-Presentación de TRASMAIO S. Coop Galega, cooperativa de prestación de servizos de restauración: intervención de Dª Cristina García López, Presidenta da Cooperativa.

-Xantar opcional de 5 euros/persoa

16:00h- Saída para regresar o punto de destino dos Concellos da Agrupación.

 

A visita ten carácter gratuíto.

Prazo de inscrición: ata 14/10/2014

 

Pódese inscribir chamando ó concello.


Financia
Gobierno de España - Ministerio de Industria, Turismo y Comercio
Xunta de Galicia - Presidencia - Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica
Unión Europea - Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Concello de Esgos Praza da Souteira s/n, 32720 Esgos (Ourense) Telf. 988290000 Fax: 988290006 info@concelloesgos.com

 Mapa Web  -   Aviso legal  -   Política Cookies 
Depfporn.com (depfile.com) - Download Free Porn from Depfile