Concello de Esgos

 GAL  | ES  | EN 
marco

Novas

[26.08.11] EN TREN AO PARQUE DO INVERNADEIRO

O vindeiro venres 9 e sábado 10 de setembro temos preparada unha actividade, “EN TREN AO PARQUE NATURAL DO INVERNADEIRO” destinada a nenos de entre 7 e 12 anos.

A actividade comezará o venres 9  ás 14:00 horas e rematará o sábado 10 ás 17:00 horas da tarde e ten un custe de 10 euros por persoa.


Programación:


Venres 9 de setembro:

  • Ás 14:00 horas: todos os participantes deberán estar na estación de tren de Baños de Molgas (deberán vir xa comidos).  Visita á estación e ó museo de Moncho Borrajo.
  • 15:30: Saída do tren.
  • 16:30: Chegada á Campobecerros.
  • 17:00: Visita á aldea de Campobecerros e paseo pola Vía da Prata.
  • 21:00: Cea e aloxamento no albergue de Campobecerros



Sábado 10 de setembro:

  • 9:00: almorzo
  • 9:30: saída camiñando ó parque do Invernadeiro pola Vía da Prata.
  • 10:30: Visita ó parque do Invernadeiro
  • 11:30: Visita en autobús á zona de cría de animais (corzos, ciervos, etc).
  • 13:00: Comida campestre e retorno en autobús
  • 17:00: Chegada a Esgos (parada de autobuses).



Deberán levar:

  • Roupa e calzado deportivo cómodo, gorra e algunha prenda de abrigo
  • Utiles de aseo e toalla


O pai/nai deberá firmar unha autorización que poderá recoller no concello para os nenos poidan participar e entregala no concello antes do 5 de setembro.


Financia
Gobierno de España - Ministerio de Industria, Turismo y Comercio
Xunta de Galicia - Presidencia - Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica
Unión Europea - Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Concello de Esgos Praza da Souteira s/n, 32720 Esgos (Ourense) Telf. 988290000 Fax: 988290006 info@concelloesgos.com

 Mapa Web  -   Aviso legal  -   Política Cookies 
Depfporn.com (depfile.com) - Download Free Porn from Depfile