Concello de Esgos

 GAL  | ES  | EN 
marco

Novas

[21.06.16] Campamento de verán

O Concello de Esgos desenvolverá un programa de conciliación laboral e
familiar no período das vacacións do verán 2016 (xullo e agosto). Este
programa comprende un conxunto de actividades destinadas á poboación
escolarizada en educación Infantil e Primaria do municipio de Esgos:
- O servizo de madrugadores, dirixido exclusivamente ás familias
traballadoras. O horario será de 9:00 a 10:30 horas

- O campamento de verán, dirixido a nenos e nenas empadroados neste
concello e a nenos e nenas residentes neste concello durante o verán. O
horario do campamento será de 10:30 a 13:30 horas

As prazas son limitadas e terán preferencia os nenos e nenas empadroados
neste concello.
O prazo de inscrición ábrese o 15 de xuño e pecharase o 30 de xuño.


Financia
Gobierno de España - Ministerio de Industria, Turismo y Comercio
Xunta de Galicia - Presidencia - Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica
Unión Europea - Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Concello de Esgos Praza da Souteira s/n, 32720 Esgos (Ourense) Telf. 988290000 Fax: 988290006 info@concelloesgos.com

 Mapa Web  -   Aviso legal  -   Política Cookies