Concello de Esgos

 GAL  | ES  | EN 
marco

Novas

[12.07.17] Limpeza de fincas.

Coa chegada do verán, é do máximo interese para todo-los veciños que as
fincas se atopen nun adecuado estado de limpeza e desbrozadas. Esto é unha
obriga que teñen todo-los propietarios das fincas e que nestas datas cobra
especial relevancia polo risco de incendios.

Así pois, lémbrase ós propietarios/as das parcelas que segundo se establece
na lexislación vixente, TEÑEN A OBRIGA de manter as fincas e construccións
en condicións de conservación e limpeza para que non se convirtan en focos
de contaminación ou permitan a propagación de incendios.

Expoñéndose en caso de incumprimento ás sancións correspondentes
establecidas no artigo 17 da “Ordenanza especial reguladora de limpeza de
terreos e soares e medidas preventivas contra incendios forestais” que van
dende os 150,29 € os 3.005,06 €


Financia
Gobierno de España - Ministerio de Industria, Turismo y Comercio
Xunta de Galicia - Presidencia - Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica
Unión Europea - Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Concello de Esgos Praza da Souteira s/n, 32720 Esgos (Ourense) Telf. 988290000 Fax: 988290006 info@concelloesgos.com

 Mapa Web  -   Aviso legal