CAMPAMENTO DE VERÁN:
DESTINATARIOS:
Nenos e nenas que cursen estudos en centros de educación infantil e
primaria, nados entre o 2006 e o 2014 empadroados neste concello ou que
residan no mesmo durante o verán.
MODALIDADES:
- Campamento de verán
- Servizo de madrugadores, dirixido exclusivamente ás familias
traballadoras empadroadas neste concello.
HORARIO:
- Campamento de verán: de 10:30 a 13:30 h
- Servizo de madrugadores: de 9:00 a 10:30h
DATAS:
- Quincena do 2 ao 13 de xullo
- Quincena do 16 ao 27 de xullo
- Quincena do 30 de xullo ao 10 de agosto
- Quincena do 13 ao 24 de agosto
Os solicitantes deberán escoller entre as catro quincenas propostas,
indicando a orde de preferencia.
Concederánse máis de dúas quincenas sempre que haxa dispoñibilidade.
PRAZO DE SOLICITUDE:
Entre o 18 e o 22 de xuño de 2018
Os solicitantes terán que cubrir a folla de solicitude que se facilitará
nas oficinas municipais e entregala no Rexistro Xeral do Concello.
As admisións realizaranse por rigorosa orde de entrada no Rexistro
municipal, ata cubrir as prazas dispoñibles.
A partir do 26 de xuño publicarase no taboleiro de anuncios do concello a
lista de admitidos e excluidos
PREZOS:
Nenos e nenas empadroados no Concello de Esgos: 10€ por quincena
Os nenos e nenas residentes no Concello de Esgos durante o verán: 20€ por
quincena. Contémplase un desconto do 20% para familias numerosas.
PAGAMENTO:
Entre o 26 e o 29 de xuño ábrese un periodo de pagamento no que os
admitidos deberán proceder ao pago na conta bancaria municipal de ABANCA
ES18 2080 5300 7631 1000 3418 (concepto: VERAN e o nome e apelidos do
neno/a solicitante) e entregar o xustificante de pagamento nas oficinas
municipais.
Será motivo de exclusión non entregar a documentación requerida e non
realizar o pagamento das cotas establecidas nos prazos sinalados
Concello de Esgos Praza da Souteira s/n, 32720 Esgos (Ourense) Telf. 988290000 Fax: 988290006 info@concelloesgos.com
Mapa Web - Aviso legal - Política Cookies