A nosa biblioteca foi seleccionada como unha das gañadoras dos Premios
María Moliner 2020.
O premio consiste en 2.000€ para compra de libros para a biblioteca.
Estes premios outórgaos o Ministerio de Cultura e Deporte e neles prémiase
a aquelas bibliotecas de municipios de menos de 50.000 habitantes que leven
a cabo un proxecto único que inclúa accións de animación á lectura, a
eficiencia e labor bibliotecaria, que incorpore a usuarios e usuarias no
deseño e a programación das actividades, a especial atención a colectivos
con dificultades para o acceso á lectura, incluíndo accións que incentiven
a convivencia social e interxeracional, a realización de actividades que
promovan a concienciación ambiental, a súa orixinalidade e innovación e que
as actividades teñan continuidade ao longo do ano.
Concello de Esgos Praza da Souteira s/n, 32720 Esgos (Ourense) Telf. 988290000 Fax: 988290006 info@concelloesgos.com
Mapa Web - Aviso legal - Política Cookies