Descobre as nosas festas e non te esquezas de ningunha gracias o noso calendario de festas
Xaneiro
Febreiro
2 de Febreiro As Candelas. Patroa de Esgos.
Marzo
Abril
Maio
Xuño
29 de Xuño Festa de San Pedro en Folgoso e Gomariz
Xullo
11 de Xullo Festa de San Benito en Quinta do Monte
Agosto
Primeiro Sábado de AgostoFeira Agroalimentaria do Pinto
É unha feira na que se exaltan os productos típicos das hortas do Concello. Tamén hai varios expositores relacionados co mundo do agro (ferreterías, maquinarias, ...) e ademáis as Asociacións Veciñais expoñen os traballos feitos durante todo o ano. Este día o Concello ofrece a tódolos seus veciños e visitantes unha degustación gratuita de Callos. Ademáis contan con carpas para comer Polbo, Churrasco...
Primeiro fin de semana de Agosto Festas de San Pedro en Pardeconde 5 de Agosto Nª Sª das Neves en Lobaces AgostoFesta do emigrante en Esgos
É o día anterior á celebración das festas de San Vitores (en Esgos). O obxecto desta celebración é dar unha homenaxe a tódalas xentes das terras de Esgos,que por unhas causas ou outras víronse na necesidade de deixar a súa terra e emigrar a outros lugares tanto de España coma do exterior. Durante esta reunión os veciños disfrutan dunha comida típica galega (polbo, empanada, bicas, viño...). Tamén conta coa actuación da banda de gaitas do Concello. Esta festa sempre coincidíu a Xoves, en horario de tarde ( a partires das 20:00 h.).
26 de AgostoFestas de San Vitores en Esgos
Comenzan o venres con un concerto Rock ou folk e o sábado, domingo e luns hai festas e verbenas amenizadas por orquestras da zona.
Setembro
Primeiro fin de semana de SetembroFesta de San Cibrao en Meiroas.
Son dous días de festas, sábado e domingo. O venres os veciños deste pobo invitan a unha churrascada a tódolos visitantes.
Domingo despois das festas de San VitoresComida da Santa Bárbara.
Os veciños da parroquia de Santa Eulalia organizan unha comida a base de pulpo, churrasco, e postres.
Outubro
Novembro
11 de NovembroFesta do Magosto
Aínda que o día propio é o 11, normalmente celebrase en fin de semana. Festa típica da provincia de Ourense. Participan tódolos veciños co desexen. Festa organizada polo Concello. O producto típico desta festa é a Castaña. Prepáranse castañas asadas para tódolos veciños, ademáis de chourizos asados, churrasco, bica, viños e licor café.
Decembro
Concello de Esgos Praza da Souteira s/n, 32720 Esgos (Ourense) Telf. 988290000 Fax: 988290006 info@concelloesgos.com
Mapa Web - Aviso legal