Concello de Esgos

 GAL  | ES  | EN 
marco

Mosteiro

En plena ruta da Ribeira Sacra, o mosteiro de San pedro de Rocas destaca pola súa singularidade e transportanos a tempos pasados.

Mosteiro de San Pedro de Rocas

Situado a 17 Km. de Ourense pola estrada C-536, chégase ó Mosteiro tomando un desvío á esquerda entre os pobos de Esgos e O Pinto.

Pertence este Mosteiro ó Concello de Esgos, terra de anacoretas e eremitas en épocas pasadas e posteriormente, de cordeleiros, albardeiros, peneireiros, afiadores, alfareiros e agricultores.

A paisaxe coa que nos atopamos ó acceder ó Mosteiro é sobrecolledora, árbores que se espesan para dar a benvida, rocas salpicadas no monte que antaño acolleron inmensidade de segredos conseguindo cautivar a aqueles monxes e invitándolles a construir aquí a súa morada.

Na imaxe da dereita observase a capela de San Pedro de Rocas cando era iglexa parroquial (antes de que se realizaran as excavacións).

En plena ruta da Ribeira Sacra, San pedro de Rocas destaca pola súa singularidade, pero inda sen estar ós pes do río Sil , chama o recollemento e á soidade transportándonos a tempos pasados.

Como moitos outros, San Pedro de Rocas basa a súa orixe nunha lenda, pero cunha testemuña que amosa testimonio epigráfico, é a chamada Lápida fundacional conservada actualmente no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, que nos desvela co seu estilo de letra decorativo que estamos ante un monumento de alto medieval.

Nela podemos ler: HEREDITAS:N EVFRAXI:EVSANI: QVINEDI:EATI:FLAVI: RVVE:ERA.dªCXªI:

A inscripción reflicte uns nomes de persoas, todas elas varóns herdeiros de "algo" en San Pedro de Rocas no ano 573, equivalente á data 611. A pesar de que a lápida chámase fundacional a palabra "hereditas" alude a algo que se recibiu en herdanza e os personaxes que aparecen nomeados na mesma non foron os seus fundadores senón os seus herdeiros.

Como vemos, o conxunto naceu nunha época anterior ó século VI, sen que poidamos afirmar exactamente unha data concreta. Xurde nunha paisaxe rodeada de "eremitas" que chegan ata o Río Sil configurando o que se coñece como Ribeira Sacra.

 

 

 

É probabel que o lugar sofrise un deixamento no século VIII coa presencia islámica na nosa terra, xa que os mouros chegaron a Ourense ó redor do ano 716, sometendo ó edificio a un período escuro ata o século IX cando Alfonso el Magno repobou a cidade e os seus arredores...

Dispoñedes de máis fotos aquí.

 

Financia
Gobierno de España - Ministerio de Industria, Turismo y Comercio
Xunta de Galicia - Presidencia - Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica
Unión Europea - Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Concello de Esgos Praza da Souteira s/n, 32720 Esgos (Ourense) Telf. 988290000 Fax: 988290006 info@concelloesgos.com

 Mapa Web  -   Aviso legal