PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL
PIC: Punto de Información Catastral
O 7 de maio de 2005, publicouse no B.O.E a Resolución do 29 de Marzo de 2005, da Dirección Xeral de Catastro, pola que se aproba o réxime de establecemento e funcionamento dos Puntos de Información Catastral.
Concello de Esgos obtivo autorización para instalación dun PIC asumindo o papel de intermediador no exercicio do dereito de acceso á información catastral do cidadán, o que se lle poderá suministrar toda a información que sobre o mismo exista na base de datos nacional do Catastro.
Este servicio é totalmente gratuito para os veciños do Concello de Esgos
Pode solicitarse na Casa do Concello.
Praza da Souteira, s/n.
32720. Esgos
A base de datos contén información literal e cartográfica e actualizarase dacordo co resultado dos procesos de actualización catastral realizados nas xerencias do Catastro.
Servizos a prestar polos PIC
Os servizos os que se pode acceder dende o PIC son os seguintes:
| » | Servicio de consulta libre e certificación electrónica dos datos catastrais non protexidos e cartografía dixital. |
| » | Servicio de consulta e certificación electrónica para os titulares catastrais de datos protexidos, relativos ós bens inmobles da súa titularidade |
| » | Servicio de certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral, relativa ao propio solicitante |
Datos Catastrales Protexidos e non Protexidos
O art. 51 do texto refundido da Lei do Catastro Inmobiliario considera como datos protexidos:
| » | Datos relativos ós titulares catastrais: nome, apelidos, razón social, código de identificación e domicilio. |
| » | Datos relativos os bens inmobles : valor catastral e valores catastrais do solo e no seu caso da construcción. |
Las entidades gestoras del PIC deben salvaguardar la privacidad de los datos catastrales protegidos de conformidad con la Ley Orgánica del Protección de Datos de Carácter Personal (Ley Orgánica 15/1999, de 13 de Diciembre).
Os titulares catastrales que dispoñan de certificado dixital poderán consultar os certificados catastrales dos bens inmobles dos que sexan titulares.
Documentación necesaria para solicitar certificado a través do PIC
Datos non protexidos
Calquera persoa pode acceder os datos catastrais non protexidos a través da páxina web de catastro http://www.catastro.meh.es
Datos protexidos
Persoas físicas
| · | SI O SOLICITANTE É O TITULAR CATASTRAL |
| · | Debe acreditar a súa identidade mostrando o seu D.N.I |
| · | Debe firmar o formulario que se xenera ó consultar os datos protexidos |
| · | SI O SOLICITANTE ACTÚA COMO REPRESENTANTE DO TITULAR CATASTRAL |
| · | Debe aprotar autorización do titular catastral (DESCARGA MODELO AUTORIZACIÓN) |
| · | Debe entregar fotocopia do D.N.I do titular catastral |
| · | Debe acreditar a súa identidade amosando o seu DNI (ten que estar en vigor) |
Persoas xurídicas
| · | SI O SOLICITANTE É O ADMINISTRADOR OU REPRESENTANTE DA EMPRESA |
| · | Debe acreditar o cargo aportando copia da escritura nos que apareza o seu nomeamento |
| · | Debe aprotar fotocopia do D.N.I |
| · | SI O SOLICITANTE É UN AUTORIZADO POLO REPRESENTANTE DA EMPRESA |
| · | Debe aportar autorización firmada polo administrador ou representante da empresa (DESCARGA MODELO AUTORIZACIÓN) |
| · | Debe aportar copia dos folios da escritura nos que apareza o nomeamento como administrador ou representate da empresa |
| · | Debe acreditar a sua identidade amosando o seu DNI (ten que estar en vigor) |
Casos especias
Comunidade de bens
No caso de comunidades de propietarios, o presidente da comunidade é quen ostenta a representación da mesma. O cargo deberá acreditarse mediante copia da acta da Xunta de propietarios na que fora nombrado. O administrador da comunidade de propietarios poderá solicitar o certificado sempre que teña autorización do presidente da comunidade.
Herdanzas
Os erdeiros todavía non son titulares catastrais, polo que non poden solicitar certificados de bens inmobles do causante a través do PIC. Teñen interés lexítimo e directo según o artigo 53 do texto refundido da Lei do Catastro, pero éé a xerencia o órgano competente para reconocer este interés e consecuentemente o certificado será expedido exclusivamente pola Xerencia.
Deberán pois, acudir a xerencia aportando a seguinte documentación:
| » | 1. Declaración de erdeiros |
| » | 2. Se non teñen declaración de erdeiros, hai que aportar todos os documentos que se relacionan a continuación |
| · | Últimas vontades |
| · | Testamento. |
| · | Libro de Familia (no seu defecto, documento que demostre o tracto sucesorio co titular catastral) |
| · | DNI do erdeiro |
No caso de solicitar a información unha persoa distinta do erdeiro, deberá aportar a documentación anterior cunha autorización do erdeiro e o DNI. (DESCARGA MODELO AUTORIZACION)